O Turbomeca TM 333 é un motor turboeixo fabricado pola compañía francesa Turbomeca e deseñado para helicópteros cun peso de 4-5 toneladas. Foi encendido por vez primeira en agosto de 1981 e entrou en servizo a mediados dos 80. Foi o primeiro motor de Turbomeca en usar unha turbina dunha soa etapa, facéndoo máis compacto que os seus predecesores. No seu deseño orixinal o motor entregaba unha potencia continua de 750 CV, aínda que foi deseñado para permitir futuros incrementos, conseguindo a súa posterior variante 2B2 1 100 CV.
Notas
Categoría:Turboeixos