O castelo de Ferreira (Ferraria) foi unha fortaleza medieval da que existen referencias desde finais do século XI. Algúns estudosos sitúana na vila de Santa María de Ferreira en Coristanco. Localización

O castelo e a súa xurisdición aparecen inicialmente asociados ao nome de Pedro Froilaz de Traba, quen no ano 1090 subscribiu un diploma real como señor de Ferreira (dominator Ferrarie). En 1096 confirmou unha doazón do conde Raimundo de Borgoña á catedral de Mondoñedo como "Petrus Froylaz comes de Ferraria" e no mesmo ano figura nunha concesión de Afonso VI ao mosteiro de Montesacro como "Petrus Froylaz dominator Ferrarie".

Outra posible localización para a fortaleza é o lugar de Ferreira, nas Terras de Trasancos, dominio familiar dos Froilaz onde o conde Pedro tiña abondosas posesións. Alí existe unha elevación sobre o terreo, O Pico de Ferreira que semella indicada para albergar unha fortaleza medieval..

Na Historia compostellana nárrase como con motivo da revolta galego-portuguesa contra ela do ano 1116, a raíña Urraca tentou gañar para o seu bando ao bispo Xelmírez ofertándolle o señorio de Ferreira e o seu castelo xunto co de Lobeira e a terra de Montaos.

A crónica compostelá conta tamén como arredor do 1129 os vasalos de Rodrigo Pérez de Traba, fillo do conde Pedro, secuestraron a un arcediago de Diego Xelmírez. Tratábase segundo o texto de xente das terras que pertencían aos castelos de San Xurxo, Traba e Ferreira no arcediagado de Trastámara, o que indica certa proximidade entre as fortalezas. Tamén nalgún documento do tempo do rei Afonso VII parece indicarse que o castelo de Ferreira non está lonxe do de Traba.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ferreira Categoría:Castelos de Galicia sen imaxes Categoría:Coristanco Categoría:Coristanco sen imaxes