Toy Story That Time Forgot é un especial de televisión de 22 minutos producido por Pixar Animation Studios e Walt Disney Television Animation que se estreou na canle ABC o 2 de decembro de 2014. Foi escrito e dirixido por Steve Purcell e producido por Galyn Susman. Michael Giacchino compuxo a música para o especial. A maioría dos actores habituais da franquía Toy Story retomaron os seus papeis, incluíndo Tom Hanks como Woody, Tim Allen como Buzz Lightyear, Kristen Schaal como Trixie, Wallace Shawn como Rex, Timothy Dalton como Mr. Pricklepants, Don Rickles como Mr. Potato Head e Joan Cusack como Jessie, con Kevin McKidd e Emma Hudak uníndose nos papeis de Reptillus Maximus e Angel Kitty, respectivamente. O especial foi o derradeiro papel de Rickles antes da súa morte en abril de 2017.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre dinosauros