O Club Baloncesto Marín Peixegalego, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Mundioma Marín Ence, é un equipo de baloncesto galego con sede no concello de Marín, que compite na Primeira División Nacional, a quinta división do baloncesto español. Disputa os seus partidos no Pavillón da Raña.
Historia Na tempada 2012–13 Javier Llorente foi nomeado adestrador do primeiro equipo, cargo que ocupou durante doce anos consecutivos. Llorente chegara catro anos antes ao club como xogador e no seu debut como adestrador o equipo, que daquela militaba na Liga EBA, conseguiu o ascenso á LEB Prata.
Na tempada 2015–16 proclamouse campión da Copa LEB Prata e da LEB Prata, conseguindo así o ascenso á LEB Ouro, onde só permaneceu unha tempada, descendendo de novo ao remate da mesma. Tras unha tempada na Liga EBA por descenso administrativo, o club competiu na LEB Ouro por segunda vez na tempada 2019-20, tras acadar dúas promocións consecutivas. Con todo, a tempada foi suspendida antes de rematar por mor da pandemia por coronavirus, cando o equipo ocupaba a última posición da táboa, e aínda que non se estableceron descensos, o club non foi capaz de reunir a tempo o diñeiro para o aval e a inscrición, necesarios para continuar na categoría, polo que descendeu ata a Primeira Nacional. Ese mesmo verán a Federación Española de Baloncesto non concedeu praza na Liga Feminina 2 ao equipo feminino do Peixefresco, que realizou a inscrición malia a non clumprir todos os requisitos que a Federación Española esixía e non posuír dereitos deportivos, deste xeito o Marín quedaba como segundo suplente á espera de que renunciara algún dos 16 clubs inscritos, e finalmente quedaría sen praza ao terse producido tan só unha vacante.
Na tempada 2020–21 o equipo dirixido por Iván Villaverde conseguiu o ascenso á Liga EBA ao finalizar campión de Primeira Nacional logo de derrotar na final a catro celebrada en Noia ao Sigaltec Vilagarcia e Bosco Salesianos, nunha tempada na que o conxunto galego contou coa participación de Germán Rodrigues Bamio e Pablo González Covelo, membros do equipo que na tempada 2017-18 bateu rexistros históricos na Liga EBA.
Tempadas TempadaNivelDivisiónPos.ResultadoLRPOCopa2005–06 51ª División3– 8-6 8-6– –2006–07 5EBA 12– 10-16 –– –2007–08 5EBA 9– 15-15 –– –2008–09 5EBA 15Descenso 9-19 –– –2009–10 4EBA 9– 14-14 –– –2010–11 4EBA2Subcampión8º 15-5 5-1– –2011–12 4EBA 4Segunda rolda 15-5 0-2– –2012–13 4EBA3Playoffs de ascenso9º 16-4 1-2– –2013–14 3LEB Prata 11– 9-15 –– –2014–15 3 LEB Prata 6Cuartos de final 16-12 1-2– –2015–16 3 LEB Prata1Campión 20-6 –Copa LEB Prata Campión2016–17 2 LEB Ouro 18Descenso 8-26 –– –2017–18 4 Liga EBA1Campión 30-0 4-0– –2018–19 3LEB Prata2Playoffs de ascenso5º 19-15 1-1– –2019-202LEB Ouro18A liga foi suspendida antes de tempo por mor da pandemia por coronavirus.Descenso4-20 –– –2020-2151ª División
Copa Galicia
2013: Fase previa 2014: Fase previa 2015: Semifinais 2016: Fase previa 2017: Renuncia (falta de xogadores) 2018: Fase previa 2019: Semifinais
Copa LEB Prata 2015-2016. Campión, contra o Carrefour 'El Bulevar' de Ávila (66-76) en Ávila.
Traxectoria en fases de promoción + Partidos xogados en fases de promociónTempadaCompeticiónPromoción aRoldaRivalLocalVisitante2010-11Liga EBALEB PrataDieciseisavos de final (Grupo A)Fidalgo Vecino69-5987-83Oitavos de finalCB Cornellà73-6778-81Cuartos de finalPlatja de Palma84-8289-652011-12Liga EBALEB PrataFase de ascenso (Grupo A)Club Deportivo Estela70-8465-702012-13Liga EBALEB PrataFase Final "2"Sabadell Sant Nicolau60-71 -Real Canoe N.C -70-56Montajes Rueda-Andújar77-74 -2014-15LEB PrataLEB OuroCuartos de finalLucentum Alicante76-6977-53, 66-64 (3º)2017-18Liga EBALEB Prata1º Grupo A-B - 1º Grupo A-AIgualatorio Cantabria Estela73-66 -Fase Final Grupo "2"Isover Basket Azuqueca74-62 -L'Alfás del Pi - Serra Gelada65-63 -Valencia Basket76-84 -2018-19LEB PrataLEB OuroFase de ascenso (semifinais)CB Villarrobledo87-7170-78
Adestradores Os seguintes son todos os adestradores principais que pasaron pola disciplina do primeiro equipo do club. Juan Norat (2004−2008) Yago Casal (2008−2009) Quino Salvo (2009−2012) Javier Llorente (2012−)
Cadro actual {| class="toccolours" style="font-size: 95%; width: 90%; " ! colspan="2" style="background-color: #0047BB; color: white; text-align: center;" | CB Marín Ence Peixegalego 2019-20 (LEB Ouro) |- style="background-color: #000020;color: white; text-align: center;" ! Xogadores !! Adestradores |- | valign="top" | {| class="sortable" style="background:transparent; margin:0px; width:100%;" ! Pos. !! # !! Nac. !! Nome !! Altura !! Peso !! Procedencia
Líderes estatísticos Partidos nº Dorsal Xogador Rexistro1 12Gregorio Adón 2182 6 / 9Pablo González 2153 6Manuel Ferreiro 1824 8Pablo Alonso 1695 10Luis González 160
Minutos nº Dorsal Xogador Rexistro1 6Manuel Ferreiro 4.6282 12Gregorio Adón 4.4103 10Luis González 4.0284 8Pablo Alonso 3.5465 6/9Pablo González 2.826
Puntos NºDorsalXogadorRexistro1 12Gregorio Adón 1.7252 10Luis González 1.6203 8Pablo Alonso 1.2694 6Manuel Ferreiro 1.1075 11Álvar Vázquez 986
Puntos por temporada NºDorsalXogadorTempadaRexistro1 30Desmond Simmons 2017-18 18.3T2 32Tim Derksen 2016-17 18.1T2 5Javonte Green 2015-16 18.14 11Gabriel Rogers 2015-16 17.65 11Michael Bonaparte 2009-10 17.1Rebotes NºDorsalXogadorRexistro1 8Pablo Alonso 8322 12Gregorio Adón 6523 15Antonio Pantín 5074 13Joseba Aramburu 4805 10Luis González 433
Asistencias NºDorsalXogadorRexistro1 6Manuel Ferreiro 4972 4Darío Suárez 2353 51Jorge Romero 2104 10Luis González 1685 12Gregorio Adón 161
Robos NºDorsalXogadorRexistroT1 6Manuel Ferreiro 181T1 12Gregorio Adón 1813 8Pablo Alonso 1094 4Darío Suárez 1075 6 / 9Pablo González 100
Tapóns NºDorsalXogadorRexistroT1 14Vashil Fernandez 75T1 13Joseba Aramburu 743 12Gregorio Adón 554 15Antonio Pantín 485 14Tre Hale-Edmerson 39
Notas
Referencias
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Club Baloncesto Peixefresco