José Manuel Bermúdez Esparza, nado nas Palmas de Gran Canaria o 23 de outubro de 1966, é un político canario que dende o 11 de xuño de 2011 exerce como alcalde da cidade de Santa Cruz de Tenerife.
Traxectoria Nado nas Palmas de Gran Canaria, trasladouse xunto cos seus pais a vivir á illa de Tenerife pouco despois de nacer, xa que de alí proviña a súa familia.
Estudou Dereito porque era a mellor maneira de acceder a xornalismo ou a política. Con 18 anos, e en contra dos desexos do seu pai, que prefería que se centrase nos estudos, afiliouse a ATI.
Foi fundador das mocidades de ATI, ocupou sempre cargos nos órganos decisorios do partido e desenvolveu o seu labor público en diferentes áreas do Cabido de Tenerife. Ademais é vicepresidente primeiro do Cabido de Tenerife. É, dende 2011 o alcalde da cidade de Santa Cruz de Tenerife.
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Políticos de Coalición Canaria Categoría:Políticos das Canarias Categoría:Personalidades sen imaxes