A resolución 1 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, adoptada sen votación o 25 de xaneiro de 1946, invitaba aos meembros permanentes a realizar os preparativos oportunos para celebrar a primeira reunión do Comité de Estado Maior que debía ter lugar o 1 de febreiro dese mesmo ano en Londres.

O comité debía estar composto polos Xefes de Estado Maior dos exércitos dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade. A resolución solicitou como primeira tarefa do mesmo a elaboración de propostas relativas á súa organización interna, persoal e funcionamento para presentalas posteriormente ante o Consello de Seguridade. A creación do Comité de Estado Maior estivo amparada baixo o Artigo 47 da Carta das Nacións Unidas:

Véxase tamén Ligazóns externas Texto da resolución na páxina oficial da ONU(en varias linguas)

1 Categoría:1946