Kim Tae-hyung (en ), nado en Daegu o 30 de decembro de 1995, máis coñecido polo seu nome artístico V, é un cantante, modelo, actor, bailarín, compositor e mestre de cerimonias surcoreano. É membro do grupo BTS, baixo a compañía Big Hit Entertainment.

Traxectoria BTS

Uniuise a Big Hit Entertainment en 2011. o 13 de xuño de 2013, V debutou como membro de BTS en M! Countdown co sinxelo «No More Dream» do seu primeiro álbum, 2 Cool 4 Skool.

O 1 de febreiro de 2016, anunciouse que V e Kim Min Jae participarían no programa Celebrity Bromance de MBC. O primeiro episodio transmitiuse o 4 de febreiro en MBig TV. No mesmo mes, confirmouse que V estabelecería o seu debut como actor no drama histórico Hwarang: The Beginning, que se emitiu na metade de 2016 en KBS 2TV. Formou parte da banda sonora do drama xunto ó seu compañeiro e membro de BTS, Jin, co tema «Even If I Die, It's You».

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Daegu Categoría:Cantantes de Corea do Sur Categoría:Actores de Corea do Sur Categoría:K-Pop