O KNM Maud (A530) é un buque loxístico para a subministración de armamento e equipamento para a Real Armada de Noruega. É o buque de maiores dimensións e peso morto das forzas navais de Noruega.

En 2013 o goberno noruegués abriu unha oferta para a construción dun buque loxístico por un orzamento de 150 millóns de euros ao que se presentaron 13 estaleiros. O concurso quedou baleiro xa que ningunha das ofertas chegaba a cumprir os requirimentos técnicos por ese prezo. Na segunda volta presentáronse cinco estaleiros: Bergen Group, Hyunday Heavy Industries, Daewoo, DCNS, Fincantieri e Navantia, baixáronse os requirimentos. O contrato foi adxudicado ao deseño Aegir 18A de Daewoo xa que Navantia superaba en 30 millóns de euros o orzamento.

O proxecto leva varios atrasos acumulados e a última data para a entrega do buque está pendente a finais de 2018.

Notas

Ligazóns externas Logistics Support Vessel HNoMS Maud

Categoría:Barcos de guerra Categoría:Noruega Categoría:Barcos de 2016