Daniel Río Rubal, nado en Mondoñedo o 6 de marzo de 1955, é un escultor e ceramista galego, coñecido co pseudónimo de Caxigueiro. Traxectoria
As súas primeiras exposición foron en Lugo (1980) e na Bienal de Pontevedra (1981). Tras o seu paso polo Seminario de Estudios Cerámicos (Sargadelos), ditos materiais forman parte fundamental da súa obra. A narración e a temática social, entre outras, forman a base da súa obra. Reflexiona sobre cuestións que condicionan o desenvolvemento vital, tanto individual coma colectivo. Dende 1990 interésase pola instalación, aínda que a miúdo tamén se expresa a través doutras disciplinas (escultura, fotografía, poesía etc). Ten participado en diversas feiras internacionais de Arte Contemporánea, como: ARCO (Madrid), Foro Atlántico (A Coruña e Pontevedra) ou FIL (Lisboa), e as súas obras forman parte de coleccións como Fenosa ou Abanca.
Nos anos 2010 creou xunto coa súa dona, Flor Núñez, Espazo Caritel.
Obra alt=Escultura no Espazo Caritel|miniatura|Escultura no Espazo Caritel
Instalacións
1990. "Guerreiros" Museo Pablo Gargallo Zaragoza. 1992. "Sair, Mudar". Urxencias III, Moaña. 1996. "O Bosque das Ausencias" Galería Clérigos. Lugo. 1998. "A linguaxe da memoria" Galería Pardo Bazán. A Coruña. 1999. "Xeografías" V Foro Atlántico, stand Galería Pardo Bazán. "Camuflaxe" Galería Bacelos, Vigo. 2000. "Tras do Silencio", stand Galería Bacelos (Madrid, ARCO). 2004/2005. Narracións (con música de Ugia Pedreira), Museo Provincial, Lugo "Linguaxe e memoria", Galería SCQ, Santiago. 2002. CAI Luzán (Zaragoza) 2003. Xornadas Gastronómicas. Galería Pardo Bazán. A Coruña 2004. Palestina(vídeo-instalación). Museo provincial. Lugo 2006. O rapto da Paisaxe. Centro Torrente Ballester. Ferrolhttps://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.2626.php 2007. O noso mar. Centro Torrente Ballester. Ferrol 2012. Diálogo Interior. Cidade da Cultura. Santiago. 2019/2020. A métrica do ilusionismo. Museo Provincial. LugoTríptico 'a métrica do ilusionismo'. Rede Museística Provincial, 2019 Catálogo presentado de xeito virtual en decembro de 2020.
Exposicións institucionais
1993. "Trazos e Camiños". Itinerante. 1994. "Escultura Ibérica actual". Itinerante. 1997 . "De Asorey ós 90. A escultura moderna en Galicia" (Auditorio de Galicia). 2000. "Galicia Terra Única" (Fundación Barrié). 2000. Escultura gallega Contemporánea. La cerámica como punto de partida. Itinerante 2000. Diálogos co Silencio. San Domingos de Bonaval. Santiago 2002. 2 culturas,un diálogo. Itinerante 2005. Amurallando a sombra dos soños. Museo Provincial. Lugo 2006. La cerámica española y su integración en el arte. Museo Nacional de Cerámica. Valencia 2008. Escultura Cerámica Ibérica contemporánea. Itinerante 2008/2009 Proxecto Abertal (Lugo) 2009. Portas da Luz. CGAC. Santiago 2012. "Os ollos das Palabras" (Cidade da Cultura, Santiago, con Baldo Ramos) 2016. Camiño de Volta. Casa da Parra. Santiagohttps://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.14967.php 2016. Fuera de Serie. De la Provocación a la Ilusión. Museo Nacional de Cerámica. Valencia 2018. Galicia Universal. A Arte Galega nas Coleccións Abanca e Afundación. Cidade da Cultura. Santiago
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Carmen González Borras. Geschichten von Krieg und Frieden. Keramik Magazín Europa nº 6. 2007 Ligazóns externas https://caxigueiro.com Sitio web persoal http://culturagalega.org/atalaia/artistas/caxigueiro-daniel Caxigueiro na web de Cultura Galega http://www.confrontationalceramics.com/artists.html (en papel: Judith S. Schwartz. Confrontational Ceramics. A&C Black. Londres. University of Pennsylvania Press. Philadelphia. 2008)
Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Escultores de Galicia