miniatura|300x300px|Fenestron dun Eurocopter EC135 Un Fenestron é un rotor de cola protexido dun helicóptero operando como un ventilador canalizado. O termo Fenestron é unha marca rexistrada do fabricante de helicópteros multinacional Airbus Helicopters (anteriormente coñecido como Eurocopter). A propia palabra procede do termo occitano para unha fiestra pequena, que á súa vez deriva da palabra latina fenestra (fiestra).
O Fenestron diferénciase dunha cola convencional por estar aloxado integralmente dentro da unidade de cola do helicóptero e, ao igual que un rotor de cola convencional, contrarresta o par do rotor principal. Mentres os rotores de cola convencionais teñen dúas ou catro palas, o Fenestron ten entre oito e dezaoito palas; eses poden ter espazos angulares variables para que o ruído se distribúa a través de diferentes frecuencias.Corda 2017, pp. 33-34 Colocar o ventilador dentro dun conduto ten varias vantaxes sobre un rotor de cola convencional, como a redución de perdas na punta dos vórtices, a redución de ruído, e a proteción do propio rotor de danos de colisión e do persoal de terra dos perigos que ten un rotor tradicional.Leishman 2006, p. 324
Foi primeiro desenvolvido para ser usado nun helicóptero operacional da compañía francesa Sud Aviation (agora parte de Airbus Helicopters), sendo adoptado primeiro polo Aérospatiale Gazelle. Dende entón a compañía (e as súas sucesoras) instalaron Fenestrons a moitos dos seus helicópteros. Outros fabricantes tamén fixeron un uso limitado do Fenestron nalgúns dos seus propios produtos, como o Kamov Ka-60, o Boeing-Sikorsky RAH-66 Comanche ou o Kawasaki OH-1.
Notas
Bibliografía
Corda, Stephen. Introduction to Aerospace Engineering with a Flight Test Perspective. John Wiley & Sons, 2017. . Leishman, Gordon L. "Principles of Helicopter Aerodynamics." Cambridge University Press, 2006. .
Categoría:Helicópteros