Manuel del Río Vázquez, nado en Santiago de Compostela cara a 1900 e finado en Vigo o 6 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Tranviario e sindicalista vigués, na República foi directivo do Sindicato Tranviario de Vigo y sus Contornos,El Pueblo Gallego, 15-11-1932, p. 8. e en 1936 era presidente do sindicato. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar, sendo defendido por José Queizán Hermida, foi condenado a pena de morte en consello de guerra o 3 de agosto.El Diario de Pontevedra, 7-8-1936, p. 2. Foi executado no castelo de San Sebastián de Vigo. Notas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1900 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos