20 Million Miles to Earth (a.k.a. The Beast from Space) é unha película estadounidense de ciencia ficción rodada en branco e negro por Nathan Juran en 1957. Está protagonizada por William Hopper, Joan Taylor e Frank Puglia. Ambientada en Italia, conta a historia dun monstro procedente de Venus. O guión escrito por Bob Williams e Christopher Knopf a partir dunha idea orixinal de Charlott Knight e Ray Harryhausen. Producida por Morningside Productions para Columbia Pictures, como noutras películas froito da colaboración entre Charles H. Schneer e Columbia, a acción incorpora a animación en stop motion característica de Ray Harryhausen.
Argumento Un foguete espacial estrélase no mar preto da costa siciliana perante a estupefacta mirada duns pescadores que reman cara a nave na procura de superviventes, rescatan a dous dos tripulantes antes de que o foguete se afunda por completo. O coronel Bob Calder, piloto da nave, é un dos sobreviventes e Marisa, estudante de medicina, será quen atenda os feridos. A nave espacial regresa de Venus e no seu interior transportaba un contedor selado.
Elenco
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1957 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Nathan Juran Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes ambientados en 1957