Georgios ChalavazisTamén Calavassy, Calavassys, Kalavassy, Kalavassys. (en ), nado en Siros o 2 de febreiro de 1881 e finado en Zürich o 7 de novembro de 1957, foi un eclesiástico greco-católico, exarca de Constantinopla e de Grecia. Traxectoria Naceu na illa de Siros o 2 de febreiro de 1881. Estudou no Pontificio Colexio Grego, e o 29 de xuño de 1906 foi ordenado sacerdote. Comezou o seu ministerio en Constantinopla e en Malkara, e posteriormente en Europa occidental e nos Estados Unidos de América.
O 13 de xullo de 1920 foi nomeado exarca apostólico de Constantinopla e bispo titular de Theodoropolis, con xurisdición sobre os católicos gregos de rito bizantino en Grecia e Turquía. Recibiu a consagración episcopal o 15 de agosto de mans de Isaias Papadopoulos, e tivo como co-consagrantes a Giuseppe Schirò e a Augustin Sayeghian. O seu pontificado estivo marcado polo masivo éxodo dos gregos de Turquía polo xenocidio grego e a guerra, e definitivamente polo intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía a partir de 1921. Chalavazis moveu a maior parte dos seus fieis a Atenas, incluíndo institucións educativas e ordes relixiosas.
O 11 de xuño de 1932 foi nomeado definitivamente exarca apostólico de Grecia, e foi sucedido en Constantinopla por Dionysios Varouchas. Realizou unha importante labor social, especialmente a prol de cativos e refuxiados.
Finou no cargo o 7 de novembro de 1957, en Zürich.
Notas
Categoría:Nados en 1881 Categoría:Nados na periferia do Exeo meridional Categoría:Finados en 1957 Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Bispos católicos de Grecia Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina grega Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Alumnos do Pontificio Colexio Grego