A Mina de sal de Bochnia () en Bochnia, Polonia é unha das minas de sal máis antigas do mundo e a máis antiga de Polonia. A mina abriuse entre os séculos XII e XIII despois de que se descubrise o sal en Bochnia e pasou a formar parte da Compañía mineira real żupy krakowskie (salinas de Cracovia). Desde o ano 2005 a mina deixou de explotarse.

A mina foi pechada en 1990. En 1981 declarouse monumento patrimonio. O sitio é un dos monumentos históricos de Polonia (Pomnik historii), segundo se designou o 6 de outubro de 2000 e seguido pola Xunta do Patrimonio Nacional de Polonia. A mina ten unha capela que é atravesada polas vías do tren.

Historia miniatura|Entrada do pozo Sutoris As galerías da mina miden 4´5 km de lonxitude por uns 330-468 m de profundidade por baixo da superficie, en 16 niveis.

En 2013 a mina engadiuse ao Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como unha extensión da inscrición da mina de sal de Wieliczka de 1978.Wieliczka and Bochnia Royal Salt Mines (extension to the Wieliczka Salt Mine). UNESCO World Heritage Centre, 03/07/2013.

Galería August A galería August é a principal ruta de comunicación e transporte da mina. Esténdese de leste a oeste da mina, conectando en liña recta os extremos inferiores dos pozos Campi e Sutoris. Atópase a unha profundidade de 176 m desde a parte superior do pozo Sutoris e 212 m desde a parte superior do pozo Campi. A galería August inicialmente chamouse forno longo (Piec Długi). O primeiro tramo, que se estendía entre o pozo Rabsztyn e o pozo Campi, construíuse nos anos 1723-1743, segundo un deseño de Jan Gottfried Borlach. O seu gran logro foi regular as rutas na mina asegurando a súa rectitude e nivelación. Como resultado disto, durante as seguintes décadas, a galería August púido alcanzar unha extensión de case 3 km.

As cámaras, pozos e galerías escavados forman unha vila subterránea, aberta aos turistas. A maior das cámaras preservadas converteuse nun sanatorio.

A Cámara Ważyn A cámara Ważyn foi nomeada co nome do administrador (podżupek) Andrzej Ważyński. A profundidade desta cámara, a maior da mina de sal de Bochnia, é de 248 m; a súa lonxitude é 255m; o seu ancho máximo é de 14´4 m; e a altura máxima é de 7´2 m. A cámara non usa ningún piar. Extraíuse sal da cámara Ważyn desde 1697 ata a década de 1950. Co fin de crear un sanatorio estes pozos antigos foron expandidos cunha máquina unitaria de carga e descarga (LHD). Estas obras tiveron lugar ata 1984. Grazas a elas o pozo Ernest do século XVII preséntase de forma impresionante no tellado da cámara desmontada.

A cámara Ważyn ten un microclima específico, cunha temperatura constante entre 14º e 16 °C, alta humidade (cerca do 70%) e ionización favorable do aire saturado por cloruro de sodio e microelementos valiosos, como magnesio, manganeso e calcio. O aire na cámara distínguese pola súa pureza. A cámara está equipada con camas: ata 300 persoas poden durmir aquí. As outras partes da Cámara Ważyn son pistas para xogar voleibol, baloncesto e balonmán, restaurante e instalacións para conferencias.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Polonia Categoría:Covas