Miopithecus ogouensis é unha especie de pequeno mono africano da familia Cercopithecidae. Habita nas zonas riparianas do Camerún, Guinea Ecuatorial, Gabón e o oeste da República do Congo e a República Democrática do Congo. Puido ter sido introducido en Fernando Poo e nas Illas Canarias.Long, J. L. (2003). Introduced Mammals of the World: Their History, Distribution and Influence. sample Csiro Publishing, Collingwood, Australia. Ó contrario que o seu parente Miopithecus talapoin, esta especie ten a faciana e as orellas de cor carne (non negra).
Notas
Categoría:Animais descritos en 1997 Categoría:Mamíferos do Camerún Categoría:Mamíferos de Guinea Ecuatorial Categoría:Mamíferos de Gabón Categoría:Mamíferos da República do Congo Categoría:Mamíferos da República Democrática do Congo