A Igrexa de Grecia (en , Ekklisia tis Ellados), é unha das igrexas ortodoxas autocéfalas, en comuñón co resto da Igrexa ortodoxa. O seu territorio canónico limítase ás fronteiras de Grecia previas ás guerras balcánicas (a "vella Grecia"), sendo o resto de Grecia (as "Novas Terras", Creta e o Dodecaneso) xurisdición da Igrexa ortodoxa de Constantinopla. Porén, moitas destas terras son na práctica administradas como parte da Igrexa de Grecia, logo dun acordo entre as dúas igrexas. O primado da Igrexa de Grecia é o arcebispo de Atenas e toda Grecia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial .
Categoría:Igrexa ortodoxa