Giuseppe Aggarbati, nado o 13 de febreiro de 1813 en Civitanova Marche e finado o 24 de maio de 1880, foi un relixioso latino, bispo de Senigallia, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro. Traxectoria Naceu o 13 de febreiro de 1813 en Civitanova Marche nunha familia humilde, e moi novo, o 26 de marzo de 1828 entrou na Orde de Santo Agostiño, en Tolentino. Ao ano seguinte fixo votos solemnes, e logo de completar a súa formación, o 19 de decembro de 1835 foi ordenado sacerdote. Posteriormente exerceu varios cargos na súa orde, sendo rexente, mestre, prior e provincial. Tamén foi profesor de Filosofía moral na Universidade de Perugia.

Marchou a Roma, onde en 1865 foi nomeado procurador xeral da súa orde. O 22 de febreiro de 1867 foi nomeado bispo de Senigallia por Pío IX. Recibiu a consagración episcopal o 10 de marzo, na basílica de Santo Agostiño, de mans do cardeal Costantino Patrizi Naro, e tivo como co-consagrantes a Giuseppe Cardoni e a Francesco Marinelli. Como bispo, foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

Renunciou antes do 29 de abril de 1879. O 12 de maio de 1879 foi nomeado arcebispo titular de Petra in Palaestina. Finou o 24 de maio de 1880, en Civitanova Marche.

Notas

Categoría:Nados en 1813 Categoría:Nados na provincia de Macerata Categoría:Finados en 1880 Categoría:Arcebispos católicos de Italia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro Categoría:Agostiños Categoría:Relixiosos católicos de Italia