Jesús Avelino Álvarez Meana, nado en Xixón en 1916, foi un xastre e político asturiano.
Traxectoria Combatiu no exército leal en Asturias. Detido, foi trasladado ao campo de concentración de Camposancos e condenado en consello de guerra o 14 de xuño de 1938 a vinte anos de prisión. De alí pasou á Prisión Central de Figueirido o 12 de xullo de 1938, de onde saíu en liberdade condicional en xullo de 1943.BOE, 23-8-1943, p. 8190. Instalouse en Vigo onde montou unha xastrería. Pertenceu ao comité provincial de Pontevedra do Partido Comunista de España onde era estafeta de Unión Nacional e enlace co comité de Santiago de Compostela. En marzo de 1945 foi detido acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Mariano Otero Castelao, Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, Xosé Velo Mosquera, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo e xulgados na Coruña na causa 94/45. O 24 de outubro saíu en liberdade. En 1951 exiliouse en Venezuela deixando en Vigo unha filla. En 1990 regresou a Galicia. Ao ano seguinte recorreu Europa a pé."El iberoamericano andante", La Voz de Galicia, 28-11-1991, p. 80
Vida persoal
Casou en Vigo en 1944.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1916
Categoría:Finados en ano descoñecido
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes