O Club Patí Manlleu é un club de hóckey a patíns español da localidade de Manlleu (Osona, Cataluña). Fundado en 1973, na tempada 2018-19 os seus equipos feminino e masculino compiten na OK Liga Feminina e OK Liga Prata respectivamente.

Historia Fundado en 1973, o primeiro éxito do CP Manlleu foi o primeiro ascenso do seu equipo feminino á máxima categoría do hóckey a patíns feminino español, a OK Liga Feminina, en 2012. Dous anos despois, o equipo masculino repetiu o logro ao ascender á OK Liga, máxima competición masculina en España, que se sumou ao éxito do equipo feminino esa tempada, logo de conseguir o subcampionato de liga e de copa, éxitos que repetiría en 2016 e 2018.

En 2015, o equipo feminino conquistou o primeiro título do club logo de gañar a Copa da Raíña fronte ao CP Voltregà en Lloret de Mar. En 2016 Manlleu acolleu por segunda vez consecutiva a final a catro da Copa de Europa, o equipo feminino conseguiu clasificarse para a final, mais caeu nos penaltys fronte ás súas veciñas do Voltregà.

Palmarés 1 Copa da Raíña: 2015

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do club

Categoría:Equipos de hóckey a patíns de Cataluña