Charles Roven, nado nos Ánxeles o 2 de agosto de 1949, é un produtor estadounidense de cinema.
Traxectoria
Cofundador e presidente de Atlas Entertainment, é coñecido por producir filmes de superheroes como O cabaleiro escuro, Escuadrón Suicida, O home de aceiro ou Batman contra Superman: O amencer da xustiza.
Vida persoal
Estivo casado coa produtora Dawn Steel dende 1985 até a morte dela en 1997. Tiveron unha filla, Rebecca, nada en marzo de 1987. Roven posteriormente casou con Stephanie Haymes, a filla dos artistas Dick Haymes e Fran Jeffries.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1949 Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Ánxeles