Ana Orantes Ruiz, nada en Granada o 6 de febreiro de 1937 e finada en Cúllar Vega o 17 de decembro de 1997, foi unha muller española vítima de violencia de xénero, que explicou nunha entrevista na televisión a violencia á que fora sometida por parte do seu exmarido. Poucos días despois do testemuño na televisión, foi asasinada pola súa exparella, feito que xerou un grande impacto e visibilidade da violencia de xénero na sociedade española, e como resultado, a remodelación do Código Penal.

Ana foi a vítima mortal de violencia de xénero número 59 de 1997 en España.

Recoñecemento No concello de Cúllar Vega foi erixido un monumento en forma dun monólito en memoria de Ana Orantes e Encarnación Rubio, ambas as dúas vítimas mortais da violencia de xénero. Cada ano, o día 25 de novembro, celébrase ao lado deste monólito o acto institucional municipal do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, coa lectura do manifesto aprobado no pleno do concello, e a intervención de asociacións e os distintos sectores da comunidade educativa de Cúllar Vega.

A xornalista e feminista Nuria Varela publicou en 2012 un libro titulado La voz ignorada. Ana Orantes y el fin de la impunidad co desexo de "render homenaxe a unha muller que perdeu a súa vida pola verdade e que, grazas á súa bravura, conseguiu axitar a conciencia dun país, cambiar as súas leis, romper o silencio e entrar no debate público e a axenda política, o que até entón era unha cuestión limitada á esfera privada".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Ana Orantes en Youtube

Categoría:Asasinatos en España Categoría:Nados en Granada Categoría:Finados en 1997 Categoría:Nados en 1937 Categoría:Vítimas de violencia de xénero