Ochrobactrum é un xénero de bacterias gramnegativas da familia Brucellaceae. O xénero foi descrito por Holmes en 1988 e propúxose a especie Ochrobactrum anthropi como especie tipo.Holmes, B. et al., Ochrobactrum anthropi gen. nov., sp. nov. from human clinical specimens and previously known as Group Vd. Int. J. Syst. Bacteriol., 38, 408, 1988. Teyssier C. and Jumas-Bilak E. Ochrobactrum. in molecular detection of bacterial pathogens. Edited by Dongyou Liu. Taylor's and Fancis. 2010 Traballos posteriores recoñeceron dentro do xénero outras 18 especies: Ochrobactrum anthropi Ochrobactrum ciceri Ochrobactrum cytisi Ochrobactrum daejeonense Ochrobactrum endophyticum Ochrobactrum gallinifaecis Ochrobactrum grignonense Ochrobactrum guangzhouense Ochrobactrum haematophilum Ochrobactrum intermedium Ochrobactrum lupini Ochrobactrum oryzae Ochrobactrum pecoris Ochrobactrum pituitosum Ochrobactrum pseudintermedium Ochrobactrum pseudogrignonense Ochrobactrum rhizosphaerae Ochrobactrum thiophenivorans Ochrobactrum tritici

As bacterias deste xénero son bacilos gramnegativos curtos rectos ou lixeiramente curvados cunha forma de labarada no extremo. As células teñen unha lonxitude entre 0,6 e 1,2 microns. Non forman esporas e son aerobias estritas ou fermentativas.

Os xenomas da maioría das especies de Ochrobactrum son complexos e constan de dous cromosomas circulares independentes a miúdo asociados con plásmidos.

Notas

Categoría:Rhizobiales