En física e matemáticas Vector, concepto da física e do cálculo vectorial caracterizado por un valor e por un sentido. Vector unitario, un vector de módulo un. Vector de onda, un vector que apunta na dirección de propagación da onda en cuestión e cunha magnitude que é o número de onda.
En bioloxía Vector epidemiolóxico, un axente biolóxico que transporta e transmite un patóxeno infeccioso a outro ser vivo. Vector, en bioloxía molecular, unha molécula de ADN usada como vehículo para transportar artificialmente material xenético alleo a outra célula. Vector de clonación, molécula de ADN preparada utilizada para a clonación dun fragmento de ADN. Vector de expresión, plásmido ou virus deseñado para a expresión xénica en células que leva un xene a partir do cal se vai producir a proteína codificada polo xene. Vector lanzadeira, vector que se pode propagar en dúas especies hóspede diferentes. Vector viral, virus que se utiliza para introducir xenes en células en investigacións de bioloxía molecular, terapia xénica e desenvolvemento de vacinas.