O cuarto de Marvin é un filme estadounidense de 1996 dirixido por Jerry Zaks. O guión foi escrito por John Guare e baséase na obra homónima de Scott McPherson, quen morreu en 1992. McPherson completara unha versión cinematográfica da obra antes de morrer, mais Guare foi contratado para actualizala cando a produción comezase, anos despois.A Door Left Opened consultado o 23 de novembro de 2016

Está protagonizado por Meryl Streep, Leonardo DiCaprio, Diane Keaton, Robert De Niro, Hume Cronyn, Gwen Verdon, Hal Scardino e Dan Hedaya. A banda sonora orixinal foi composta por Rachel Portman. Carly Simon escribiu e interpretou o tema principal do filme, "Two Little Sisters", con Meryl Streep no coro.

Estreouse en galego o 7 de outubro de 2001 a través da TVG.

Personaxes Meryl Streep como Lee Wakefield Lacker Leonardo DiCaprio como Hank Lacker Diane Keaton como Bessie Wakefield Robert De Niro como Dr. Wallace "Wally" Carter Hume Cronyn como Marvin Wakefield Gwen Verdon como Ruth Wakefield Hal Scardino como Charlie Lacker Dan Hedaya como Dr. Robert "Bob" Carter Margo Martindale como Dr. Charlotte Samit Cynthia Nixon como director Kelly Ripa como Coral Bitty Schram como Janine Helen Stenborg como monxa Olga Merediz como muller da tenda

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes producidos por Jane Rosenthal Categoría:Filmes con banda sonora de Rachel Portman Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre cancro Categoría:Filmes sobre irmás Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes rodados en Florida Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes de 1996 con versión en galego