Benigno López Sanmartín, nado en Vilagarcía de Arousa en 1861 e finado en Pontevedra o 26 de marzo de 1928, foi un pintor, profesor e músico galego.
Traxectoria Alumno do violinista Eduardo Dorado, en 1890 dirixía un quinteto. Dirixiu tamén a sociedade coral Orfeón Estudiantil, o Coro H (1880), o Orfeón Infantil e a Orquestra do Círculo Católico (1896). Tamén dirixiu a Rondalla-Estudiantina de Sanmartín, na que estaban Álvaro Berasategui, Javier Vieira, Pepe Temes, Constantino Berridy, Fernando Olmedo Reguera, Javier Pintos Fonseca e Ramón Señoráns, e que debutou en 1891 no Teatro Principal de Pontevedra. Como compositor escribiu tres pezas, entre elas a mazurca "La Ausencia" e a muiñeira "Maruxiña".
Como debuxante e pintor, foi alumno de Ramón Vives i Ayné e do francés Robert A. MarquetBenigno López Sanmartín, biografía en Tebeosfera .. Completou a súa formación na Escola Especial de Pintura de Madrid como alumno no oficialBenigno López Sanmartín , no Diccionario Biográfico Español.. Foi profesor de debuxo das escolas da Sociedade Económica de Amigos do País cando estaba presidida por Ernesto Caballero Bellido, nun local cedido por José Riestra López. Entre 1898 e 1903 foi profesor no Instituto de Pontevedra, onde deu clase a Carlos Sobrino Buhigas, Enrique Campo e Manuel e Perfecto Hermida Tilve. miniatura|Arlequinada, 1893, de Torcuato Ulloa, con portada de L. Sanmartín. Como pintor usou o óleo e a acuarela. Participou na Exposición Rexional de 1880 de Pontevedra, exposición de Belas Artes de Madrid coa obra "Una exposición inesperada", e na Exposición Rexional de 1896 de Lugo presentou a obra "Un rincón d'a terriña". Fixo retratos de Riestra (2016): Retrato dun marqués: José Riestra López, Primeiro Marqués de Riestra . Museo de Pontevedra., un gravado de Eugenio Montero Ríos, óleos de Augusto González Besada e Raimundo Fernández Villaverde. A Deputación de Pontevedra, para a que traballaba, encargoulle os retratos dos presidentes Manuel Bárcena Franco, Francisco Javier Mugartegui Parga, José María Guerra Cobián, Sabino González Besada e Antonio López de Neira. Publicou óleos e gravados en La Ilustración Española y Americana, La Pequeña Patria, e debuxos en Extracto de Literatura, Galicia Cómica, Galicia Moderna e Galicia. En setembro e outubro de 1895 visitou Nova York con Celso García de la Riega.
En 1904 recibiu a medalla de prata da Asemblea Suprema da Cruz Vermella xunto con Isidro Otero Puga, e foi nomeado socio honorario da Sociedade Artística de Pontevedra.
Casou con Generosa Fernández e tiveron catro fillos: Benigno, María (casada en 1924 con Luís Amado Carballo), Luz e África. Morreu na súa casa da rúa do Arcebispo Malvar, e foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
, Beatriz de : "Benigno López Sanmartín" Diccionario Biográfico Español. RAH .
Ligazóns externas
Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1861 Categoría:Nados en 1928 Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Violinistas de Galicia Categoría:Compositores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Ilustradores de Galicia