Bernardino Martín Garrido Carrillo, coñecido como Xudío, nado en Malpica de Bergantiños o 12 de xaneiro de 1903 e finado no Perú, foi un político, sindicalista e empresario galego. Traxectoria esquerda|miniatura|Placa en homenaxe aos fuxidos por mar en Malpica. Membro do comité local de Izquierda Republicana de Malpica. Afiliado ao Sindicato de Obreros y Profesiones Varias da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Malpica con outros 10 republicanos en xuño de 1937 na lancha de motor Ciudad de Montevideo. As autoridades requisáronlle dúas traíñas, unha motora e unha lancha. Pasou a Barcelona, e ao remate da guerra foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e declarado en rebeldía. Marchou a Chile no WinnipegLista de refuxiados do Winnipeg e logo ao Perú.

Vida persoal Foi pai de Celestino Garrido Pose.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas de Galicia

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos do Perú Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes