miniatura|O columnario inspirou a creación do símbolo do dólar: $.Crespo-Francés, J-A. El origen del dólar. Este exemplar cuñouse a nome de Fernando VI, na Casa da Moeda de México En numismática, coñécese como columnario a moeda de prata con valor facial en reais (principalmente o real de oito ou peso), cuñada pola monarquía española nalgúns dos seus territorios de América no século XVIII, entre os anos 1732 e 1773, cando foi substituída pola moeda de busto."Columnario". No Dicionario da RAG e no Portal das Palabras."Columnario " en Digalego.gal."Los reales ‘columnarios’ y ‘de busto’ (1732-1788) ". En Corvera Colecciones.

Cuñáronse sobre todo nas cecas de México, Potosí e Lima, aínda que tamén noutras americanas como as cecas de Popayán, Guatemala, Novo Reino ou Santiago de Chile.Ruiz Calleja, A. "Los 8 reales columnarios". En Ruiz Calleja Blognumismatico.com.

Historia O nome de "columnario" non responde a unha nova unidade monetaria senón a unha tipoloxía de moeda, con valores de medio, un, dous, catro e, sinaladamente, oito reais. Este último circulou e colleu sona por todo o mundo, debido en parte a ter un acabamento e unha calidade moi superiores aos das antigas moedas cuñadas a martelo.

As moedas coloniais anteriores, coñecidas como "macuquinas", adoitaban ter forma irregular e por iso eran doadas de cernar no seu canto, para lles subtraer fraudulentamente parte da súa a prata (ou ouro, no caso dos escudos)."Moneda cercenada". En Alfaro Asins (2009). Pola contra, os columnarios tiñan unha forma ben arredondada e contaban cun bordo gravado, o que facía imposible a cernadura da moeda e a súa nova posta en circulación."Macuquina". En Alfaro Asins, C. (2009).

A través de dúas disposicións reais de 1728 e 1730 iniciouse o proxecto de establecer novas casas de moeda na América española, co obxectivo de cambiar a antiga moeda macuquina, cuñada a martelo, pola nova moeda. Primeiramente implantouse para este efecto a ceca de México (1733), logo a de Lima (1754) e máis tarde a de Potosí (1767)."Spanish 8 Reales, Milled and Pillar Dollars". En CoinSite.com

A moeda columnaria foi substituída paulatinamente a partir de 1772 pola chamada "de busto", por amosar a imaxe do monarca nos seus anversos.Serrera Contreras, R. "La introdución de la 'moneda de busto' en España e Indias: la real pragmática de 29 de mayo de 1772 ". En Revista de estudios extremeños, 71 (3), 1973-1990. 2015.

Caracterización Reverso miniatura|350x350px|Anverso e reverso dun columnario de 1770 da ceca de PotosíOs columnarios caracterizábanse fundamentalmente polos motivos dos seus reversos, que amosaban unha tipoloxía moi característica: dous globos terráqueos que representan os hemisferios oriental e occidental, cunha coroa real por riba, e por baixo un deseño de ondas mariñas (o océano Atlántico, que separa o Novo Mundo do Vello Mundo). A ambos os lados dos globos erguíase unha columna coroada (o que lles dá o nome), que simbolizaban as Columnas de Hércules, cada unha delas cinguida cun pano co lema en latín PLVS VLTRA ("máis aló"; lema nacional de España)."Moneda columnaria". En Alfaro Asins, C. (2009)."Columnario". En Tesorillo.com."Columnario". En Portal Fuenterrebollo. No bordo superior dos anversos aparece a lenda VTRAQUE VNUM ("ambos son un"), que alude á unidade entre os territorios do Imperio Español en cada hemisferio. O espazo entre a data e a lenda está ocupado comunmente pola marca de ceca."Catálogo del real de a 8 columnario". En La moneda hispánica. Anverso A tipoloxía habitual dos anversos dos columnarios consistía no nome do monarca español seguido pola lenda D[EI] G[RATIA] HISPAN[IARUM] ET IND[IARUM] REX ("pola graza de Deus, rei das Españas e das Indias"). Á esquerda aparecían as iniciais do ensaiador e no centro o escudo de España coa coroa real na parte superior. Á dereita deste, un número arábigo indicaba o valor facial en reais.Ruiz Calleja, A. "Columnarios". En Ruiz Calleja. Blognumismatico.com.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Peso Real español Real de oito

Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Castán Ramírez, C. "Los columnarios de la ceca de Popayán". En Gaceta Nuimismática, 18 (1970), 46-48. Gilboy, F. F. The Milled Columnarios of Central and South America: Spanish American Pillar Coinage, 1732 to 1772. Prairie Wind Publishing. 1999. ISBN 978-0968520604 Harris, R. Pillars & Portraits. An illustrated catalogue of the numismatic history of the Spanish American Empire. Bonanza Press. 1968. Palmer JR, Darwin, & Almanzar Alcedo F. l. Pillar and Portrait: Four Reales of the New World. Almanzar's Coins of the World, 1982. ISBN 9780882420257

Ligazóns externas Columnario.com The colonial Coinage of Spanish America

Categoría:Moedas de España Categoría:Moedas de América Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de prata Categoría:Terminoloxía numismática Categoría:Imperio Español