Děčín (, en alemán Tetschen), é unha cidade e municipio do kraj (rexión) de Ústí nad Labem, ao norte da República Checa, a 80 km ao noroeste de Praga. É a capital do distrito do seu nome.

Situada na confluencia dos ríos Elba e Ploučnice, é un importante nó ferroviario e cruzmento de estradas.

Xeografía O concello está limitado por Alemaña ao norte, por Hřensko, Ludvíkovice, Dobrná e Malá Veleň ao leste, por Heřmanov e Těchlovice ao sur, e por Dobkovice, Malšovice e Jílové ao oeste.Segundo geoportal.gov.cz.

O municipio, situado a 135 msnm, ten unha superficie de 118,04 km2 e, no ano 2018, contaba cunha poboación de 49 226 hamitantes,Poboación dos concellos da República Checa a 1 de xaneiro de 2018 . Consultada o 20 de decembro de 2018. o que daba unha densidade de 418,25 hab./km2.

Demografía Censos ou estimacións da pobloción do municipio dentro dos seus límites actuais:Český statistický úřad, Historický lexikon obcí České republiky 1869–2005, vol. I, Praga, Český statistický úřad, 2006, pp. 366-367; de 1869 a 1910, os censos efectuados polo imperio Austro-Húngaro están oficialemente datados ao 31 de decembro do ano indicado. A partir de 2012, os datos da poboación dos muinicipios da República Checa, ao 1 de xaneiro, no sitio da Oficina Checa de Estatística (Český statistický úřad).

miniatura|700px|centro|Confluencia do Ploučnice e do Elba en Děčín.</center>

Historia Baixo a ocupación nazi a cidade fusionouse en 1942 con Podmokly (na beira esquerda do Elba), dennominándose a cidade fusionada, en aléman, Bodenbach.

Na cidade naceron o historiador da arte e organizador depotivo checo Miroslav Tyrš (1832–1884), fundador do movemento Sokol, o matemático austríaco Johann Radon, o político alemán Egon Klepsch, que foi presidente do Parlamento europeo desde 1992 a 1994, e a modelo checa Karolína Kurková.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web do municipio de Děčín . Vista virtual en 360º da praza de Děčín

Categoría:Cidades da República Checa