Xosé María Pérez Barro, coñecido como Pepe Barro, nado en 1955 en Pontedeume, é un deseñador, ilustrador e escritor galego.
Traxectoria miniatura|Cartaz deseñado por Pepe Barro para o Día Nacional de Galicia de 1978. miniatura|Pepe Barro deseñou a placa coa bandeira de Galicia colocada na tumba de Manuel Murguía polo centenario da súa morte en 2023. Primeiro como independente (1977), despois á fronte do Grupo Revisión (1985) ou desde Barro Deseño (2013) leva desenvolvendo traballos de deseño editorial coma o do semanario A Nosa Terra (1977), o Diario de Galicia (1987), a revista Tempos (1996), as publicacións de Turgalicia entre 2001 e 2004 e Nós Diario. No 2000 o Museo Raíña Sofía elixiu o de Turgalicia como un dos cen logos do século XX. Tamén proxectou a identidade corporativa da Universidade da Coruña, o Consello da Cultura Galega, Edicións Xerais, Denodo e Culturgal. Tamén deseñou exposicións como a do centenario da Real Academia Galega (2006); Rosalía de Castro, no principio foi o verso (2013), ou a Casa-Museo Manuel Antonio (2011)
En 2016 deseñou as exposicións Con-fío en Galicia; Saúde e Terra, irmá(n)s!, centenario das Irmandades da Fala, Galicia 100, obxectos para contar unha cultura. En 2017 concluíu a renovación museolóxica e museográfica da Casa Museo de Rosalía. Outros traballos seus son os deseños para a selección galega de fútbol, a caixa de ovos do pazo de Vilane, os albariños Terra de Asorei e mesmo os primeiros «cuponazos» da ONCE. Ademais ilustrou libros como Arnoia, Arnoia ou Cantares gallegos.
En 2026 inaugurou na Fundación Didac, en Compostela, 'O arquivo de Barro', unha exposición que reflictía a importancia e singularidade do seu legado creativo após máis de 50 anos de deseño gráfico.
Deseñou o Museo Ramón Cabanillas de Cambados inaugurado en 2021.
É membro da Asociación Galega de Deseño (DAG).
Publicacións O como é o que conta (2004), autoedición. Trinta artigos sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura, edición de cen exemplares asinados e numerados. Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza (2018), Xerais, 304 páx. ISBN 978-84-9121-426-7. Segundo a editora: "Velaquí cen historias da historia da nosa cultura, cen artigos que son un convite a debullar os códigos da comunicación visual".
Premios Premio da Crítica Galega en 1983. Premio Galicia de Deseño Ateneo de Ourense en 1984. Premio Xerais á Cooperación Editorial en 2000. Premio AEPD en 2006. Premio de Honra do Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia en 2017. Premio da Cultura Galega 2024.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Barro deseño 2016
Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Deseñadores de Galicia Categoría:Deseñadores gráficos Categoría:Premios da Cultura Galega