Horst Ludwig Georg Erich Wessel, nado en Bielefeld, Westfalia o 9 de outubro de 1907 e finado en Berlín o 23 de febreiro de 1930, foi un activista do Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán (NSDAP), especialmente coñecido por ser o autor da canción «Die Fahne hoch», que foi posteriormente denominada «Horst-Wessel-Lied». A súa morte en 1930 foi profusamente utilizada pola propaganda do partido durante os seguintes anos, que o elevou á categoría de mártir do movemento nacionalsocialista.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Asasinatos en Alemaña Categoría:Nazis Categoría:Nados en Bielefeld