Daniel Frederik Eschricht, nado en Copenhague o 18 de marzo de 1798 e finado o 22 de febreiro de 1863, foi un zoólogo, fisiólogo e anatomista danés, recoñecido como unha autoridade no estudo das baleas.
Traxectoria Estudou medicina no Frederiks Hospital, graduándose en 1822. Trasladouse a París, onde foi alumno de François Magendie nos anos 1824 e 1825, redactando unha tese sobre os nervios craniais. Despois estudou con destacados naturalistas europeos, entre eles Georges Cuvier. Regresou a Dinamarca en 1829, ingresando na Universidade de Copenhague, onde foi profesor de anatomía e fisioloxía desde 1836.
O xénero da balea gris, Eschrichtius foi denominado así, na súa honra, un ano despois da súa morte.
Abreviatura A abreviatura Eschricht emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Zoólogos de Dinamarca Categoría:Científicos de Dinamarca Categoría:Nados en 1798 Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Finados en 1863 Categoría:Profesores da Universidade de Copenhague Categoría:Anatomistas