O voo 711 de American Airlines era un servizo regular dende Newark, Nova Jersey ata Tulsa, Oklahoma, con varias escalas no medio, sendo Springfield, Missouri unha delas.The Indianapolis Star, 21 de marzo de 1955 O día 20 de marzo de 1955 o avión que operaba a ruta, un Convair CV-240-0 con rexistro N94234, esnafrouse nun campo de lama na aproximación ao aeroporto rexional de Springfield-Branson, preto de Springfield, matando a 13 das 35 persoas a bordo (11 pasaxeiros e 2 tripulantes), e ferindo aos 22 restantes.The Chillicothe Constitution-Tribune, 2 de abril de 1955 Dos tres tripulantes só sobreviviu o piloto.The Neosho Daily News, 21 de marzo de 1955
O piloto do voo, Jack Pripesh, sufriu feridas considerables, incluída a perda do ollo dereito, e quedou en coma despois do accidente. Case dúas semanas despois do sinistro, Pripesh díxolle a xornalistas que non podía lembrar nada del.
Os descubrimentos sobre o accidente foron publicados pola Xunta de Aeronáutica Civil o 22 de setembro de 1955.The Waco News-Tribune, 23 de setembro de 1955 A xunta determinou que non se realizou unha aproximación completamente instrumental a Springfield-Branson, como debería ser en base ás pobres condicións meteorolóxicas do momento. As probas demostraron que a tripulación non parecía ter coñecemento da altitude da aeronave e que estaban descendendo. A xunta creu que foi probable que "os pilotos estaban centrándo a súa atención nas luces do aeroporto en vez de ver para os seus instrumentos".
Notas
American Airlines 0711 American Airlines American Airlines