O voo 256 de Fly Jamaica Airways foi un Boeing 757, con rexistro N524AT, que o día 9 de novembro de 2018 tivo que regresar ao aeroporto Cheddi Jagan na Güiana para unha aterraxe de emerxencia, despois de 45 minutos voando cara Toronto. Durante a aterraxe o avión pasouse da pista. O incidente ocorreu ao redor das 2:53 am. Había 118 pasaxeiros e 8 tripulantes a bordo do aparello. Todos os ocupantes sobreviviron inicialmente, pero unha muller de 86 anos morreu unha semana despois do accidente polas feridas sufridas. O avión quedou seriamente danado. Antes deste evento, pasaran 17 anos dende a última vez na que o accidente dun Boeing 757 de pasaxeiros tivera vítimas mortais, dende os accidentes do voo 77 de American Airlines e do voo 93 de United Airlines.
Avión O aparello implicado no accidente era un Boeing 757-23N, con rexistro N524AT, equipado con dous motores Rolls-Royce RB211. Fora construído no ano 1999 e voou por vez primeira con ATA Airlines e despois con outra aeroliña antes de ser mercado por Fly Jamaica en 2012.
Accidente O avión engalou da Güiana o 9 de novembro de 2018 ás 2:10 a.m. hora local (6:10 a.m. UTC). Ás 2:21 a.m. o piloto indicou que había algúns problemas hidráulicos e solicitou regresar ao aeroporto Cheddi Jagan. Despois de pasar 43 minutos no aire o aparello realizou unha aterraxe de emerxencia ao redor das 2:53 a.m., seguido por unha evacuación inmediata do 757.
Notas
Fly Jamaica Airways 0256 Fly Jamaica Airways Fly Jamaica Airways