As linguas síux-catawba (tamén coñecidas simplemente como linguas síux) son unha familia de linguas indíxenas norteamericanas. O grupo é o segundo máis falado de linguas nativas nos Estados Unidos, despois das linguas algonquianas.

O nome do estado de Minnesota é síux e significa 'augas azul celeste'.

Clasificación interna As clasificacións da maioría dos autores coinciden en recoñecer claramente catro subgrupos dentro das linguas síux:

O subgrupo do val do Missouri (crow, hidatsa) O subgrupo mandan (mandan) O subgrupo suroriental (tutelo, ofo-biloxi) O subgrupo do val do Mississippi (rama dhegiha, chiwere, winnebago, dakota)

En canto á agrupación destes grupos a cuestión está aberta a debate. Robert K. Headley (1971) sobre unha base glotocronolóxica propuxo a seguinte árbore para as linguas síux-catawba: Proto-SC Proto-catawba  Woccon (†) Catawba (†, 1960) Proto-síux  Subgrupo MississipiSuroriental  Tutelo (†) Biloxi-Ofo MandanMissouri  Crow Hidatsa Á parte da conta estatística non existen outras evidencias que suxiran que esta agrupación interna é correcta, aínda que o proxecto de comparación sistemática ASJP reproduce unha árbore idéntica ao anterior ademais de detallar a estrutura do subgrupo Mississippi que é a seguinte: S. Mississipí  winnebago lakota lakhota assiniboine iowa-oto omaha-ponca quapaw osage

Número de falantes O seguinte é un cálculo do número de falantes destas linguas:Ethnologue report for Siouan

A. Familia catawba Catawba (extinta) B. Familia síux Síux central Grupo Mandan Mandan (~ 6 en 1992) Grupo do Misisipi Chiwere Iowa-Oto (70 en 1997)Lyovin, 1997: 316 Dakota Assiniboine (1 000 en 1980); (150-200 en 1997)Kenneth Katzner (1986) . The Languages of the World. Londres: Routledge, pp. 359-360. ISBN 0-7102-0861-8. Dakota (19 000 en 1997); (19 228 en 2001); (19 000 en 2002); (~ 26 000 en 2008)Katzner, 2002: 343; 366Austin, 2008: 206 Lakota (6 000-6 390 en 1997) Stoney (1 000-1 500 en 1997); (2 300 en 2001) Dhegiha Kansas (~ 19 1990) Omaha-Ponca (1 000 en 1980); (85 en 1986) Osage (~ 5 en 1992) Quapaw (~ 34 en 1990) Winnebago Ho-Chunk ou Hocąk (4 000 en 1980); (230-1500 en 1997); (~ 11 en 2004) Val do Missouri Crow (~ 3500 en 1980); (4 280 en 1990); (5 500 en 1997) Hidatsa (~ 100 en 1986); (125 en 1997) Sueste Grupo Biloxi-Ofo Biloxi (ext.) Ofo (ext.) Grupo Tutelo (ext.)

Historia As linguas síux faláronse nas rexións central e suroriental de Norteamérica. Dende os Grandes Lagos ata as Montañas Rochosas están as linguas winnebago, dakota (con dialectos coma o santee, yankton, yanktonai(s), teton (chamado tamén lakhota ou lakota), assiniboine e stoney (sendo chamados todos nakota menos santee e teton), mandan, hidatsa e crow. No centro dos Estados Unidos fálanse dhegiha (quapaw, kansa, osage e omaha-ponca) e chiwere (iowa, oto e a extinta missouri). No sueste dos Estados Unidos hai documentación de tres linguas síux extintas: tutelo, oto e biloxi.

Outras linguas sioux falábanse no que agora é Virxinia, Carolina do Norte e Carolina do Sur, cando os europeos chegaron alí.

No censo de 1981, en total había 2 975 persoas no Canadá que falaban linguas sioux como linguas maternas.

Relacións con outras familias O parente máis próximo das linguas sioux é o catawba, falado sobre a costa leste de Norteamérica. Fóra deste parentesco probado co catawba mostráronse algunhas evidencias de que poderían gardar unha relación remota coas linguas iroquesas e as linguas caddoanas.Chafe, 1973, 1976. Estas evidencias refírense basicamente á morfoloxía verbal, aínda que non puideron establecerse longas listas de cognados ás que se puidese aplicar o método comparativo e demostrar convincentemente o parentesco. Á hipotética macrofamilia polo grupo sioux-catawba, o iroqués e o caddoano, coñécella como hipótese macro-sioux.

Sapir e algúns outros autores foron máis aló e propuxeron unha relación entre a hipotético macro-síux (síux, caddoano, iroqués) e as linguas hokanas. Esta superagrupación hokano-sioux incluiría hipoteticamente os grupos xeograficamente adxacentes como o yuchi, o natchez e o muskogee e como as linguas do grupo macro-síux xeograficamente non adxacentes. A maioría de americanistas consideran espuria esta relación de longo alcance, e xulgan que a evidencia de apoio é extremadamente débil e decididamente pouco convincente.

Notas

Categoría:Linguas síux