Francisco Barreiro Barciela, coñecido como Paco Barreiro, nado en Vigo en 1911 e finado en Madrid o 21 de xaneiro de 1942, foi un político comunista de Galicia e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Afiliado á UGT dende 1932. Foi secretario da Gimnástica Recreativa de Vigo en 1933,El Pueblo Gallego, 4-1-1933, p. 7. líder das Juventudes Socialistas Unificadas (JSU) e secretario do Partido Comunista de España en Vigo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido e xulgado en Vigo por rebelión militar, co resultado de sobresemento provisional.
Foi un dos primeiros que organizou as guerrillas antifranquistas nos montes de Galicia. En 1941 era secretario do PCE en Vigo, secretario de Axitación e Propaganda do Comité Rexional de Galicia que tiña como secretario xeral a Jacinto Nogueira Nogueira e a Francisco Herrera como secretario de organización, e membro da dirección central do partido en Madrid a finais dese ano. Trala caída de Eleuterio Lobo Martín foi detida a maior parte da dirección do PCE en Portugal e extraditados os seus membros pola policía salazarista; Francisco foi arrestado en Vigo o 26 de outubro de 1941 con Eladio Rodríguez González e Jacinto Nogueira.
Xulgado en consello de guerra o 19 de xaneiro de 1942, foi condenado a morte, sendo executado nas tapias do cemiterio do Este de Madrid, o 21 de xaneiro, xunto con Isidoro Diéguez Dueñas, Jesús Larrañaga Churruca, Manuel Asarta Imaz, Jaime Girabau Estévez e Eladio Rodríguez González. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Memorial democrático BARREIRO Ficha en Memoria Pública Ficha en Memoria Democrática
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1942
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos