Rogelio Alonso Carral, Canín, nado en Ferrol e finado en Monfero o 31 de outubro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Ingresou na guerrilla en 1947, da man de José Antonio Castro López, con quen contactou no castelo da Palma. Pertencía ao destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderado por Adolfo Allegue Allegue. Morreu nun enfrontamento armado coa Garda Civil en Pazos o 31 de outubro de 1949,La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2. suicidándose xunto cos compañeiros José Temblás Paz e Juan Freire Barcia, pois outros catro membros do destacamento xa foran abatidos pola Garda Civil.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1949 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes