O clamidosauro de King, Chlamydosaurus kingii, é unha especie de réptil escamoso da suborde dos lacertilios e familia dos agámidos.Chlamydosaurus kingii Gray, 1825 no GBIF. Consultado o 6 de xullo de 2022.

Esta especie é o único membro do xénero Chlamydosaurus.

Taxonomía Descrición Tanto o xénero como a especie foron descritos en 1827 polo naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés John Edward Gray, no seu traballo: "A synopsis of the genera of reptiles and Amphibia, with a description of some new species". Annals of Philosophy 10: 193—217.

Etimoloxías Xénero O nome científico Chlamydosaurus está formado pola unión dos elementos Chlamydo- e -saurus.Chlamydosaurus no Merriam-Webster Dictionary. O primeiro está tirado do grego antigo κλαμΰς clamys, "clámide", vestimenta usada polos soldados, en referencia á gorgueira deste animal, e o segundo do grego antigo σαῦρος saũros, "lagarto".

Especie O epíteto específico, kingii, é unha homenaxe ao contraalmirante australiano Phillip Parker King.Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Chlamydosaurus kingi [sic]", p. 141).

Subespecies Na actualidade recoñécense dúas subespecies: Chlamydosaurus kingii mickpughi Hoser, 2012 Chlamydosaurus kingii pughae Hoser, 2012

Características Chlamydosaurus kingii é un membro relativamente grande da familia dos agámidos, que pode chegar até os 85 cm de lonxitude. É capaz de realizar unha locomoción bípede e os naturalistas describiron que se move regularmente deste xeito, cun paso decidido ás veces.

A cor adoita ser marrón ou gris con manchas de cores máis escuras mesturadas de forma xaspeada para dar a aparencia da cortiza das árbores. Non hai unha cor estándar, senón que a cor varía segundo o ambiente do lagarto. Por exemplo, un lagarto atopado nun ambiente seco e cheo de arxila probabelmente teña un collage de cores laranxas, vermellas e marróns; mentres que un lagarto que se atope nunha rexión máis tropical húmida tenderá a mostrar marróns e grises máis escuros, e algúns verdes. Isto suxire que están adaptados aos seus hábitats; as súas cores son unha forma de camuflaxe.

A característica máis distintiva destes lagartos é o gran volante ou gorgueira que normalmente se atopa dobrado cara a atrás da cabeza e o pescozo. O volante do pescozo está apoiado en longas espiñas de cartilaxe que están conectadas aos ósos da mandíbula. Cando o lagarto está asustado, produce unha exhibición deimática sorprendente: abre a boca, deixando ao descuberto unha cor rosa ou amarela brillante; estende o seu volante, mostrando escamas laranxas e vermellas brillantes; levanta o seu corpo; e ás veces sostén a cola por riba do seu corpo. Esta reacción úsase para exhibicións territoriais, para desalentar aos depredadores e durante o cortexo.Esta reacción úsase para exhibicións territoriais, para desalentar aos depredadores e durante o cortexo. As partes vermellas e laranxas do seu volante conteñen pigmentos carotenoides.

Os ósos do volante son de tipo hioide, alongados e modificados, que forman variñas que expanden o volante. En segundo lugar, o volante pode servir como forma de camuflaxe cando está relaxado; non hai unha cor estándar no corpo, pero adoita ser máis escuro que o volante.

Distribución e hábitat A especie é endémica do norte de Australia e o sur de Nova Guinea. En contadas ocasións atópase nas rexións desérticas máis baixas de Australia, pero habita principalmente en climas húmidos como os dos bosques e as sabanas tropicais.

Tende a ser un lagarto arbóreo, o que significa que pasa a maior parte do seu tempo nas árbores. Este lagarto baixa ao chan só en busca de alimento, ou para participar en conflitos territoriais. O hábitat arbóreo pode ser un produto da dieta do lagarto, que consiste principalmente en artrópodos e pequenos vertebrados (xeralmente lagartos máis pequenos). Porén, as árbores úsanse sobre todo para camuflarse.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bedford, G. S. (1995): "Anti-predator tactics from the Frilled Neck Lizard Chlamydosaurus kingii ". Journal of the Victorian Herpetological Society 6 (3): 120-130. Harlow, P. S. & Shine, R. (1998): "Temperature dependent sex-determination in the frillneck lizard Chlamydosaurus kingii (Agamidae)". Herpetologica 55 (2): 205-212. Shine, R. & Lambeck, R. (1989): "Ecology of frillneck lizards, Chlamydosaurus kingii (Agamidae) in tropical Australia". Australian Wildlife Research 16: 491-500.

Outros artigos Agámidos Comportamento agonístico

Ligazóns externas Chlamydosaurus kingii Gray, 1827 na EOL.

Categoría:Animais descritos en 1827 Categoría:Réptiles de Australia Categoría:Réptiles de Nova Guinea