Perfecto Requeijo Rouco, coñecido como Tarrelo, nado en Romariz (Abadín) en 1920, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Emigrante retornado de América. Foi detido pola Garda Civil de Mondoñedo con Francisco Requeijo Anello en outubro de 1942, acusados dun roubo a Pedro Prieto Vidal de Romariz.El Correo Gallego, 27-10-1942, p. 4. Foron xulgados en Lugo o 14 de abril de 1943.El Progreso, 14-3-1943, p. 2. Comandou un pequeno grupo guerrilleiro independente na zona de Mondoñedo e Villalba. Compañeiro de Luís Trigo Chao "O Guardarríos" nalgunhas accións. Logo incorporouse ao grupo guerrilleiro liderado por Roberto Alonso Díaz, do que foi o seu número dous. Foi detido en Vilalba a finais de 1946.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Abadín Categoría:Nados en 1920 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes