Platecarpus ("Pulso chan") é un xénero extinto de lagartos acuáticos pertencentes á familia dos mosasauros, que viviu hai 84–81 millóns de anos, dende mediados do Santoniano até comezos do Campaniano, no período Cretáceo superior. Atopáronse fósiles nos Estados Unidos e un posible espécime en Bélxica e África. Un espécime ben conservado de Platecarpus permitiu coñecer que se alimentaba de peixes de tamaño medio, e teorizouse sobre se tamén se alimentaba de téutidos e amonitas. Ó igual que outros mosasauros, críase que nadaba ó estilo das anguias, malia que hai estudos que suxiren que o seu estilo de natación podería terse asemellado máis ó dos tiburóns. Un espécime excepcionalmente ben preservado de P. tympaniticus coñecido como LACM 128319 amosa impresións da pel, os pigmentos nas fosas nasais, os tubos bronquiais e a presenza dunha extremo na cola, o que demostra que el e outros mosasauros non tiñan necesariamente un método de natación similar a anguías, senón que eran máis poderosos e rápidos nadadores. Este exemplar atópase no Museo de Historia Natural do Condado dos Ánxeles.
Notas
Categoría:Mosasauridae Categoría:Fósiles descritos en 1869