José Bienvenido Izquierdo Durán (asinaba Yzquierdo Durán) nado o 22 de marzo de 1890 en Tui e finado o 23 de outubro de 1939 nun cárcere de Madrid, foi un ilustrador e debuxante galego.
Traxectoria esquerda|miniatura|"Perspectivas madrileñas. La Gran Vía por el arranque de la calle de Alcalá" (Gran Vida, 1917) Fillo do avogado José Izquierdo Sarmiento e de Concepción Durán Mera, aprobou oposicións ao Ministerio de Facenda e trasladouse a Madrid en 1911. Fixo portadas para Vida Gallega, Mundo Gráfico e Nuevo Mundo. Debuxou publicidade para La Toja e Osram. Colaborou en Alrededor del Mundo, Muchas Gracias, Gran Vida e La Esfera. Ilustrou coleccións literarias semanais como El cuento azul, La Novela de Hoy, La Novela Mundial, Novelistas, Los Poetas, El Teatro Moderno, La Novela Pasional, La Novela de Noche, Biblioteca para Todos, Colección Liliput e outras.Diccionario biográfico del Socialismo Español Fundación Pablo Iglesias .
Membro da UGT e da Agrupación Socialista Madrileña, ao finalizar a Guerra civil española foi condenado en consello de guerra á pena de morte. Finou no Cárcere de Porlier.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía , Rosario (2017). "Precedentes del cómic gallego" Tebeosferea . , Manuel (1958). Familias antiguas de Tuy. Talleres de Artes Gráficas del Hogar Provincial de Pontevedra . Ligazóns externas , Rafael (10/12/2011) "Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia" Tudensia.
Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Caricaturistas de Galicia Categoría:Nados en 1890 Categoría:Nados en Tui Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Finados en 1939 Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Autores de Galicia coa obra no dominio público