miniatura|200px|Un capitel da igrexa de Urnes. miniatura|200px|Detalle dunha das paredes.

A Igrexa de madeira de Urnes, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, é unha stavkirke (Igrexa de madeira) das máis antigas das 28 preservadas en Noruega. Está situada no municipio de Lust no condado de Sogn og Fjordane.

A igrexa é propiedade da Sociedade para a preservación de monumentos históricos, en Noruega. Foi declarada Patrimonio da Humanidade en 1979.

Historia As análises realizadas a mostras de madeira retirada da base da construción indican que as árbores utilizadas na súa construción cortáronse entre 1129 e 1131. Pero sábese que antes do actual edificio houbo outras dúas igrexas no mesmo lugar, e certos elementos destas reutilizáronse, como fachada, algunhas pranchas exteriores e algunhas pezas decorativas esculpidas.

A igrexa marca a transición de métodos de construción dos viquingos coa súa típica ornamentación animal, o chamado "estilo Urnes" e a arquitectura cristiá.

O edificio A igrexa está formada por unha nave rectangular e coro máis estreito, ambos co grande espazo central elevado. No século XVII ampliouse o coro, pero esta modificación eliminouse posteriormente. No século XX, restaurouse a igrexa e as táboas decoradas das paredes cubríronse para evitar a súa deterioración.

Galería

Edificio

Esculturas

Interior

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Noruega

Ligazóns externas Urnes stavkirke (Sitio oficial en noruegués da Sociedade para a Conservación dos Monumentos Históricos de Noruega) Urnes Stave Church (UNESCO) )

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Noruega