A festa no faiado é un conto escrito por María Victoria Moreno, publicado en 1983 pola Editorial Galaxia dentro da colección A Chalupa, con ilustracións de Lola Blázquez.

Edicións

Existen versións traducidas ao aranés, ao catalán, ao castelán e ao éuscaro. Unha edición de 2007, tamén de Galaxia, leva ilustracións de Irene Fra.

Sinopse Uxía é unha boneca abandonada no faiado. Un día aparece alí un gato da rúa e Uxía ensínalle a xogar. A boneca e o gato fanse amigos e organizan unha festa no faiado á que convidan a outros animais. Cada un dos animais leva algo á festa e todos xuntos divírtense moito. Uxía e o gato deciden celebrar unha festa todos os domingos, que é cando os donos da casa non están.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Imaxe da portada da edición orixinal

Categoría:Obras literarias de 1983 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de María Victoria Moreno Categoría:Editorial Galaxia