Ramón Pereira Antelo, coñecido como Parrillero, nado en Vigo, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Zapateiro e militante do PCE. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. En 1938 formou un grupo cos irmáns Rogelio e José García Morales (os Maletas), Manuel Simón Campos (Xanote), e Manuel Rodríguez Fernández (Manolo de Cabral), que actuaban na comarca de Vigo. Foi procesado con José García Morales na causa 771/1939.El Pueblo Gallego, 30-1-1940, p. 2. Foi acusado da morte do garda xurado Manuel Pereiro Bernárdez con José García Morales, Julio Guillén Biel e José Luís Quintas Figueroa.El Pueblo Gallego, 21-9-1940, p. 2. En 1940 desfíxose o grupo. En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de Petelos Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a Manuel González Fresco), con José García Morales, José Luís Quintas Figueroa, Manuel Simón Campos e Abraham Lloriente Sánchez."Requisitoria", El Pueblo Gallego, 17-4-1943, p. 2. En 1946 naceu o Destacamento Paco Barreiro do Exército Guerrilleiro de Galicia, e Ramón Pereira desapareceu por esas datas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes