Rollei é un fabricante alemán de cámaras fotográficas. Foi fundada en 1920 co nome de Franke & Heidecke por Paul Franke e Reinhold Heidecke en Braunschweig, Baixa Saxonia.
É coñecida principalmente polos seus modelos de cámaras réflex, e en especial pola serie Rolleiflex, popular durante as décadas de 1950 e 1960. Fabricou series de cámaras de medio formato, como a Rolleiflex e a Rolleicord, e de 35 mm, como a Rollei 35, a Rolleiflex SL35 e a Rolleimatic. Todos os seus modelos normalmente empregan lentes das marcas alemás Carl Zeiss AG e Schneider Kreuznach.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web oficial de Rollei
Categoría:Fotografía Categoría:Empresas de Alemaña