A cultura do vaso campaniforme é unha etapa do calcolítico caracterizada polo uso da cerámica atopada en enterramentos funerarios. Está datada entre o 2200 a. C. ata os arredores do 1800 a. C. A cerámica é feita a man, sen torno e ten contorna en forma de S. Ten decoracións xeométricas feitas con cordas, pedras, cunchas ou paus.
Os primeiros vasos en Galicia foron atopados nas Pontes de García Rodríguez por Santiago de la Iglesia Santos a finais do século XIX (1893). No ano seguinte, o ortegán Federico Maciñeira atopa na mesma zona outros exemplares deste tipo de cerámica.
Notas
Categoría:Culturas arqueolóxicas