Luís Blanco Martínez, coñecido como Poliño, nado en Malpica de Bergantiños o 28 de febreiro de 1903, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Traxectoria esquerda|miniatura|Placa en homenaxe aos fuxidos por mar en Malpica.

Mariñeiro, a súa muller morreu en 1935 ao dar a luz á súa única filla. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi chamado para o exército e fuxiu de Malpica con outros 10 republicanos en xuño de 1937 na lancha de motor Ciudad de Montevideo. Atopou acubillo e traballo nunha granxa moi preto de Douarnenez. Os seus irmáns Jesús e José Blanco Martínez fuxiron tamén de Malpica en agosto de 1938 na evasión da motora Rocío. A invasión nazi de Francia sorprendeuno traballando na granxa. Despois traballou de boteiro no porto de Douarnenez.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas O Poliño, ou como fuxir da Guerra dende Malpica

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes