L'Arminuta ("A Retornada" no dialecto abruzo) é unha novela en lingua italiana da escritora Donatella Di Pietrantonio, publicada en 2017 por Giulio Einaudi Editore. Foi vencedora do Premio Campiello nese mesmo ano.

Trama O título refírese á protagonista, unha rapaza de trece anos sen saber o motivo, volve vivir coa súa familia biolóxica despois de estar toda a súa infancia cunha familia diferente que tomara pola propia. Enfróntase a unha vida dura nun contorno pobre, alleo e hostil. Só establece contacto coa irmá Adriana, pouco faladora, o irmán máis vello Vincenzo e o bebé Giuseppe. Especialmente difícil é o trato coa nai.

Ao cabo dun tempo sabe que fora adoptada por Adalgisa porque esta non fora nai. Máis tarde Adalgisa fica embarazada con outra persoa, e ante a chegada dun bebé, a nena marcha da cidade costeira á aldea coa nai biolóxica.

Ao tempo, a rapaza prosegue os seus estudos na escola, onde destaca polas súas competencias.

Narración

A obra está narrada en primeira persoa, seguindo unha orde cronolóxica en capítulos curtos. A linguaxe é sinxela e expresiva. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 2017 Categoría:Obras literarias en italiano Categoría:Novelas ambientadas en Italia