Santa María de Lamadarcos, tamén coñecida coma Lama de Arcos, foi unha parroquia galega de 5,25 km² que se localizaba no sur do concello de Verín, na Raia con Portugal. Eclesiasticamente pertencía á diocese de Ourense.
Estaba formada por un único lugar homónimo, que era considerado ―canda Cambedo e Souteliño― unha das tres aldeas promiscuas, por estar situado na propia fronteira, entre Galiza e Portugal, pertencendo a parte portuguesa á freguesía tamén homónima. Foi anexada a Portugal en 1868 coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864 e absorbida pola freguesía homónima portuguesa.
Lamadarcos era a única parroquia constituída en Galiza a partir dunha das aldeas promiscuas. En Portugal, ademais da outra Lamadarcos, formaba freguesía de seu Souteliño da Raia, mentres Cambedo só era un lugar ós dous lados da fronteira.
miniatura|Lamadarcos, Feces de Cima e Feces de Abaixo no Catastro de Ensenada (1753). miniatura|Lamadarcos no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).
Historia
miniatura|upright=1.3|Lamadarcos no mapa de José de Castro López sobre A Raia (1863). ++ Límites da Lamadarcos galega ++++ Fronteira galego-portuguesa A parroquia de Lamadarcos, co seu lugar do mesmo nome, era unha poboación dividida en dúas partes pola fronteira galego-portuguesa. Mais non só era dividido o lugar en si, senón que a liña fronteiriza atravesaba as propias casas, pertencendo cada parte a un país. Ademais, as dúas partes adoitaban ter cadansúa porta. Isto podía favorecer o contrabando e a burla das autoridades. A primeira referencia coñecida desta situación áchase nun documento de 1526, aínda que se ignora a súa orixe.
En 1864, España e Portugal, após anos de negociacións, asinaron o Tratado de Límites de Lisboa, polo cal Lamadarcos, xuntamente con Cambedo e Souteliño, sería anexado a Portugal. En troques das denominadas aldeas promiscuas, o Couto Mixto, un microestado independente entre Galiza e Portugal, sería incorporado a España, e polo tanto, a Galiza. Este tratado xustificado para dificultar o contrabando tiña como albo a «anomalía» do Couto Mixto, un territorio soberano desligado da autoridade de ámbolos estados e cuxa desaparición era de interese común para eles. Ademais, as desprezábeis hectáreas de boa calidade atribuídas ó lugar de Lamadarcos (7 de 805), tamén a Cambedo e Souteliño, puido ser unha maneira de xustificar en España a perda das aldeas promiscuas.
Deste xeito, o 28 de xuño de 1868 realizouse en Lamadarcos o acto oficial de entrega a Portugal. Igualmente se fixo en Cambedo e, xa o día anterior, en Souteliño. Algunhas autoridades aínda se mantiveron algún tempo, polo que tras dunha queixa do goberno portugués, o 9 de abril do ano seguinte, o Gobernador de Ourense tivo que ordenar ás «autoridades españolas» que ficaban alí que abandonasen os lugares.
Por outra banda, a parroquia eclesiástica pertencía á Dignidade de Baroncelle da diocese de Ourense. A mudanza dos límites administrativos en 1868 non modificou os eclesiásticos, polo que seguiu a pertencer ó bispado ourensán até 1882. Ese ano, co obxectivo de facer coincidir os límites civís cos relixiosos, executouse unha bula do ano anterior pola cal foi incorporada á arquidiocese de Braga. En 1922, Lamadarcos pasou a formar parte da nova diocese de Vila Real, igual cás demais freguesías do distrito homónimo.
Demografía No reconto de 1571, levado a cabo para o repartimento pola Coroa de Castela dos mouriscos expulsados de Granada, consta que tiña 26 veciños. No Censo dos Bispos de 1587, a parroquia figura con 30 veciños, mentres no Censo do Sal de 1631 aparece con 8.
1752 1787 1826 1844. Estatística elaborada polo gobernador eclesiástico Bedoya. 1847 1857 Veciños 22 – 48 53 50 28 Habitantes – 103 212 169 200 88
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Lamadarcos
Parroquias de Verín
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Verín
Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Parroquias galegas desaparecidas Categoría:Antigas parroquias de Verín