Águeda Gómez Suárez, nada no Rosal o 10 de outubro de 1971, é unha socióloga, escritora e profesora galega especializada na diversidade, a etnicidade e na prostitución.
Traxectoria Águeda Gómez licenciouse en Socioloxía en 1994 pola Universidade Complutense de Madrid e doutorouse en Socioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 2001 coa tese Indigenismo y mobilización política en América Latina: los Tawahka, pobo orixinario da selva centroamericana da Mosquitia hondureña.
É profesora titular na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo.
Gran parte das súas investigacións desenvolvéronse en América Latina en temas como a igualdade de xénero en distintos grupos étnicos do mundo, a prostitución ou os movementos étnicos en Centroamérica.
A prostitución tamén centrou as súas investigacións e en 2008 publicou o monográfico Perfil sociológico de los clientes de prostitución en Galicia, en Edicións Xerais.
En 2015 publicou El putero español: quiénes son y qué buscan los clientes de prostitución en España, unha investigación sobre as motivacións que levan ós homes a pagar por sexo, un estudo realizado xunto á profesora Rosa María Verdugo e a investigadora Silvia Pérez.
Dende 2018 dirixe a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
Notas
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados no Rosal Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes