Eva León é unha violinista española nada nas Palmas e radicada en Nova York.

Traxectoria Eva León naceu e criouse nas Palmas de Gran Canaria, Illas Canarias, España. Asistiu ó seu primeiro concerto con tres anos e comezou a tocar o violín con oito.

Ós trece anos mudouse soa a Barcelona para continuar cos seus estudos de violín baixo a tutela de Xavier Turull. Tamén estudou cos mestres Ruggiero Ricci (Salzburgo), José Luís García Asensio (Londres), e Oleg Krysa (EEUU). Foi bolseira para ampliar os seus estudos pola Fundación Güell, Fundación Musical La Caixa e a Asociación Sofía Puche. No ano 2000 instalouse na cidade de Nova York para proseguir a súa educación con Neil Weintrob e obter un mestrado en Interpretación Musical na Manhattan School of Music (Escola de Música de Manhattan).

Discografía O seu primeiro CD, con obras de Grieg, Sarasate, Turull e Toldra, foi gravado en 1996 baixo o selo Moraleda Records. En 2009 editou o primeiro CD para a discográfica Naxos con música de Joaquín Turina, o que a converteu na primeira violinista española en gravar repertorio de violín para este selo.

En 2011, León colaborou no CD de Klassic Cat Records coa obra de Consuelo Colomer.

Notas

Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria